IniciosociedadeCajoto pide EPIs e axilizar as probas para evitar novos contaxios na...

Cajoto pide EPIs e axilizar as probas para evitar novos contaxios na residencia

O pasado venres coñeceuse o primeiro caso no xeriátrico focego, o dun traballador

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pide á Xunta de Galicia que acelere as probas para evitar novos contaxios na residencia despois de trascender o primeiro positivo de coronavirus no xeriátrico, dun empregado.

“Desde o Concello de Foz queremos expresar a nosa preocupación polo caso positivo de Covid-19 dun traballador da residencia de maiores de Foz. É o momento de remar todos xuntos e de traballar para superar a crise sanitaria o antes posible”, indica Fran Cajoto, quen pide á Consellería de Sanidade e á de Asuntos Sociais “unha comunicación fluída cos Concellos, así como acelerar as probas e as diagnoses a traballadores e residentes para evitar novos contaxios”.

O rexedor focego engade que “en base aos posibles positivos as residencias deben modificar os seus protocolos segundo as indicacións que traslada a Xunta. Polo tanto as celebracións do primeiro aniversario haberá tempo para facelas, agora estamos pensando unicamente na saúde dos nosos maiores. A tutela que anunciou a Xunta esperamos que sexa efectiva e se faciliten os EPIs necesarios para evitar novos contaxios”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...